We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Thomas Dylan - Chove

by Thomas Dylan - Chove

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Faltos de esperanza agarrado a válvula imos a un lugar ignoto imos a voltar en fotos lonxe de ese apego inherente ese parasito resistente rostros que se perden bicos que se esquecen familiares que falecen correndo atrás dos soños liberamos o retorno coleccionando cromos. Páxinas brancas adicadas a ti mans sucias dun te quero arriscadas por ti arriscando a túa vida. Segues por eiquí? Xa non queda nada que dicires inconsciente neste chan conxelado andabamos pensando Xa non queda nada que dicires inconsciente neste chan conxelado andabamos pensando sen topar a solución a existires rozando os dedos para probarnos mirando o teito o tempo quedou conxelado no horizonte, tombado no teu ventre falo mais se me pides o futuro eu sempre calo por se me perdo nun atallo morto nos ramallos asfixiado nesta urbe, neste trámite inxectando o suero necesario para amarte camiñando en adoquíns sonche arte tropezando porque están sempre mollados ca man no peito por esa dor cando respiro a miña alma está atrapada nesa bágoa que ansío celebro a chegada da choiva se remata o estío e non soporto ese temor que transmite un libro. Xa non queda nada que dicires.
2.
Nacín fora da sangue coidado pola natureza ten coidado ca cabeza aquí é todo beleza aquí se lembran despois de rezar rezagados van quedar inútiles non moi distantes dos primeiros que tamén caerán eu como dátiles ao lonxe o meu val respirando forte o vapor detrás dun cristal si detrás dun cristal si. Detrás dun cristal! Morrín nos meus adentros, xa estou creando adeptos Ei vós, axeonllados polos medos podo levarvos para un paraxe sen contaminar aínda sen respirar, aínda sen respirar a espera do autobús mirando o ceo mais non hai máis ca nubes esquivando edificios camiños que conducen o meu corpo a un precipicio espazos claustrofóbicos a beira do mar baixo fortes medidas de seguridade o tempo e a felicidade o amor é o que te evade aquí non todo vale a liña fina que separa morrer con ou sen dignidade fabrico soños para vivires para facer latires a este corazón nestes grandes cines estou firmando novos crimes para que te incrimines e imaxines para ter novos mártires. Levando fortes cadeas Coro - levando fortes cadeas arrastradas pola area Coro - Arrastradas pola area. (x2) Do ceo o mar o meu sorriso o meu vagar por esa brisa o meu pisar na nostalxia dos quilómetros. No olvido a túa fragrancia, non olvido a túa maxia. Levando fortes cadeas (do ceo o mar) (x3) Levando fortes cadeas levantando o polvo [Coros] Levantando fortes cadeas levantando o polvo mentres soben e baixan as mareas dos teus soños. (x2)
3.
Sácolle polvo o corpo, gardado está no fondo coido que xa leva agardando abondo desexa dos meus dedos que lle leven ó obxectivo limpo si, é moito máis sinxelo imos desfrutares conectados, colgados por correas atados, balanceámonos miramos, observamos, esquivamos sigamos ambos, abrazados sempre brillamos correndo no campo ou agochados nas cidades pateamos canexóns para atopar deidades para levar a realidade voa a imaxinación que abrande cualidades. Demande, depende, difunde, desnude o presente exerzo a gratitude co meu arte nesas lentes vente! pode que te conectes a esta aventura permanente ei! Un implante no meu corpo artificial dispara non hai mamparaque filtre a súa bala non hai descanso nesa ráfaga que se engatilla non hai como esquivar a súa mira podes correr, podes fuxir, podes chorar e rir podes rezar, podes arder, podes gritar ou prohibir podes morrer, xa estás a ver! estás a ver o que estou a conseguir.
4.
[Thomas Dylan] Estou tirado no chan nun charco de sangue mirando para outra parte para non ferirme máis para! Estou arrodillado nesa estrada rodeado de xente malferido polas puñaladas. No mesmo plano comparto habitat contigo e con el e non teño medo a nada xa recollendo do sembrado xa pasaron anos limpando esas botas ateigadas de barro. Festexando a vida destruíndo os corpos e a mente o soplo do delincuente é semellante a obriga, a necesidade latente e a fame no teu ventre. Píntegas nun mundo plano coloreado raro debuxos por fora do cadro en busca dun faro aquí é todo moi caro se non hai cartos para compralo ou se queren ternos calados e aínda por riba escravizados. [Frank] Esas huellas marcan el destino forenses de emociones analizando la sangre del camino las piedras del recorrido agrietadas por las lágrimas de traición con interés sibilino es el A.M.P.A de los que se amparan en la trampa bocas disparan palabras con olor a napaln son falsos adictos al farol manejando la táctica con su magia negra dialéctica. El artificio del hechizo ocultando otras caricias lo que el egoísmo quiso besos de bazar, cariño hostil diosas de perfumes caros ofreciendo amor de subvenir suburbios de historias turbias neones prohibidos fomentando conciencias sucias moral con aspecto de ceniza alcohol dando seguridad como islas de arenas movedizas. [Thomas Dylan] Agarro a man moi forte para non perder o norte porque se a levo solta sei que uns cantos me cruzarei limpando as rúas deses intrusos imos perder esta partida por seres moi ilusos Esclusas que se abren para min, portas que pechamos para ti, para non verte eiquí pois xa gardamos os paraugas non entra a auga e todo o mundo fala mais son poucos os que calan. [Frank] Tahures del tabú flexibles como el bambú cuando quieren doblegar tu espiritú yo conozco el caos y el humo del extraperlo aprendes más besando el suelo que mirando el cielo lamiendo heridas, disturbios tras las esquinas el mundo gira le da igual que llores o sonrías sigue las sendas sin carteles esos cárteles del miedo no podrán poner limites a tus pies.
5.
No medio 02:49
O tempo esvaece os soños faime sorrir no escuro outono caen as follas, escrevo en folios. Miles de anos con miles de obrigas son a terra xira e xira eu escrevo en poesía. Lonxe todo se olvida rostros que se mesturan cae o sol pois miramos para a lúa Buscando resposta estou dime quen me sinalou e de seguido arreou mellor e non sabelo non? Lento é agora, o tempo afoga o vento abre a porta a boa hora xa está morto xa cruzou as augas xa está na beira está nas brasas xa está coa aboa boga que se non vas a afogar e logo que? logo non vas progresas logo quizais non hai. Mirou de fronte a morte. Corre auga na fonte ou xa secou antes de onte. Xa non lembro eses acordes. Hoxe poste borde e maña non hai desculpa non foi esa conduta que perdeu a súa ruta. Anhelo o seu mirar máis non atopo lugar mirando estrelas no espazo estou a cantar estou a meditar estou nos límites intres indivisibles e sen etapas sen razas, sen lazos, xente sen casa xente que está cansa pois o tempo xa remata. Ti ías para aquí e eu sempre ía para alí e nos topabamos no medio sen ter que dicir ti ías para aquí e eu sempre ía para alí e sempre nos topabamos no medio. (x2) Hoxe aperto o pasado coa lembranza o futuro aperto con ansia outros buscan amnistía outros anarquía outros que se alargue a vida outros non saben o que ansían. Anciáns con ansia aínda de sabedoría amontoados nun fogar de paredes brancas nun lado da balanza o tempo noutro o seu corpo os xuíces os recordos. Lacrimais que falan por cada bágoa que cala por cada páxina que pasa por cada familiar que pasa mentres a guerra arrasa mentres uns morren outros asasinan. Ti ías para aquí e eu sempre ía para alí e nos topabamos no medio sen ter que dicir ti ías para aquí e eu sempre ía para alí e sempre nos topabamos no medio. (x2)
6.
Cos pés colgando nese precipicio podo debuxar esas liñas perfectas acaricio ese son, esa chamada de socorro subindo polas pernas descubrín as túas cóxegas. Reflexa. Hai agullas nesa roupa, xa latexa case estoupa esta cabeza mais esa idea non a quero recordar non dáme a man, imos a soñar. Vente que soñas comigo embaixo dese abrigo correndo polo medio dun campo de millo prendín a miña lámpara para rematar o libro e subindo polas pernas só topei o teu ombligo. No último capítulo, no derradeiro título na folla do coitelo está escrito ese vínculo na sequía do estío ese duplo sino na escuridade de eses ollos nesa ansia por ser único. Somos dous nun mundo de miles nun lugar horrible damos o mellor de nós. Imos aló en riba desa nube subindo polas pernas descubrín o teu alcume. Zorra! Si si, estou pasando a gorra viaxando nunha alfombra a dous pasos da túa sombra e o meu estómago está moi cheo como para durmir a soas e soportar os pesadelos. orando na pena a perda os soños se enterran na bondade da condena abrindo as fiestras para que entre o frío subindo polas pernas fixémonos un lío. e cos pes fríos imos de paseo cara un mundo novo reo dos desexos e dos medos eu piso o freo máis o esmero éche efímero para saír de este escuro buraco. Libérame das cargas soñando desperto nunha cidade cama lonxe da casa subindo polas pernas topei o corazón que case me mata. Caindo en picado debaixo das mantas os reloxos non se paran a pesares desas verbas. As veces soñas con estar máis preto e as veces queres olvídalo por completo.
7.
Chove 02:53
Collo o meu lapis e comezo a escreverte e co tempo as cicatrices son recordos mais felices escrevo para poder borrar eses recordos escrevo neste fondo branco fai de psicólogo. Limpo esas vágoas cun pano novo non é comprado foi regalado neste soño do que non quero despertar do que non quero deixar de voar eu o que quero é saborear o teu paladar. Máis eu non quero voltar a enredar os corazóns por iso bebo no bar trago a trago bebo e calo sen reparo sonche reo dun vaso medio baleiro medio cheo Correndo a contracorrente as veces é máis doado brincando coma as lavandeiras nese prado fago quilómetros deixando os problemas atrás podo dicilo sen reparo. Dentro está a chover non hai fallo porque fora fai un sol de carallo. (x2) Non só está a chover aí fora dentro tamén Limpanse esas rúas mais eu quero ir alén fuxir desas pingas que me mollan a pel e fuxir dese rastro sen deixar de falar del. Eu cos pés mollados ti cos pés no alto eu tirei os dados mais ti só contaches o resultado e agora o resultado éche moi complicado e agora o resultado. Agora o resultado é que saia un derrotado e sacarlle o polvo o ler o que teño que escrevere varrer co esa vasoira anacos de papeis rotos estou ollando para esas fotos Estou ollando para o infinito secando as bágoas cos meus dedos húmidos máis xa estou erguido. Estou calado hai cartas no buzón do lado conxelado o corazón penso no meu fado incerto claro versos dos que falo perdo os cartos mais gaño momentos máxicos pois xa estou farto de mirar para o espello e non toparme no reflexo. e non toparme no reflexo. Dentro está a chover non hai fallo porque fora fai un sol de carallo. (x2)
8.
A patadas nese muro, na muralla, a pegarme con esas pedras, a esquecerme deixo as presas batendo na parede, caendo nesas redes vai indo, xa nos vemos logo. Nos vemos logo. Teño que enterrarme, facela fosa para meter as pernas, para non poder fuxir, para quedar eiquí cos ollos ben abertos, cas mans contra o meu peito e con terra no meu leito. Co calendario che de círculos vermellos incompletos que foron incumpridos. Noites vendo a ría, durmo enriba desa liña, prendo as luces da cociña, cearei na túa barriga. Comerei no teu bicar, até afogar, até a matar, até abraiar e até mañá. Vémosnos no bar. Na barra vémosnos pasar, xa non hai cartas que amosar, xa non me lembro. Ei, xa non me quero lembrar. Camiño sen mirar atrás cun oco no meu tórax, cós ollos mollados porque dis que chove aí fora A rúa está chea de xente e eu estou ás voltas, morro por poder verte e estar contigo a soas. Lonxe dese ruído desas interferencias, noites en vilo rematando as existencias sen poder durmir e sen poder soñar, farto de camiñar falo de para sempre calar. Todo o que eu teño eu xa cho din meu, pero xa non sei se é suficiente eu, Chamo o ascensor, pero non aparece, Eu chamo o ascensor, pero non hai corrente. (2x)
9.
Afiando o lápiz cun coitelo agarrando a vida polos pelos na nevera só hai insectos levan tempo na utopía fan familias na cociña nese azucre voan todas tralas luces. Nese poso de café podes escoitalas zoar por iso foron educadas o nacer imos ver se son quen de sobrevivires sen ter que comer cando remate este pracer. [Cándido] Que será de mi cuando mi sombra me abandone la luz solar de fuera no evapora los errores que será de mi ahora jugando a solas que será de mi ahora. [Thomas Dylan] As chaves colgan nesa porta móvense có vento que entra pola fiestra, observo todo. Vai lento. Limpo esas gafas que me poden transportar ate unha festa ou solitario na barra do bar. Como un iogur saboreando a tapa tumbado nun sofá violeta apago a tele escrevo letras apago a tele lavo a louza seco as mans pois é o que toca e hai insectos nesa roupa. [Cándido] Entre el oscuro firmamento vendo el tiempo enciendo la bombilla del recuerdo hoy insectos se adormecen bajo mi reflejo sobre el sofá no reposa ningún sueño. [Thomas Dylan] Nesa roupa xa non collen eses osos nese saco de recordos ti vas a estar no fondo. [Cándido] El hueco de mi pecho es una foto una flor de loto, un escapista sin rostro. [Thomas Dylan] Xa estou frente a frente a eses intrusos maldita resaca, recordos moi difusos amigos veñen a pasala con comida a domicilio con eles xa non penso no suicidio. Penso en ti muller e penso en min porque estou bailando no alfiler neste piso de aluguer sei que podo ser o rei por enriba desa escura lei que esixir sempre camiñar con fe. [Cándido] Arrastrado moldeo pensamientos. Dirijo mi cuerpo dirección un ventanal abierto y no hay luz. Sólo ruido de nevera busco correspondencia en el hueco de la escalera. [Thomas Dylan] Estou sangrando pola boca da infección sentado no retrete na cabeza unha ecuación como perder de vista eses pasaxeiros que se amontonan neste día do meu enterro. Vou espertar sen recordos tolo libre dos informes nun encoro de paxaros mortos non creo no lamento se por mor do corazón fraguou en sufrimento. Prefiro estar contento. [Cándido] Qué será de mi cuando mi cuerpo me abandone la luz solar de fuera no ilumina los dolores. Qué será de mi ahora muriendo a solas. Qué será de mi ahora. [Thomas Dylan] Nesa roupa xa non collen eses osos nese saco de recordos ti vas a estar no fondo. [Cándido] El hueco de mi pecho es una foto una flor de loto, un escapista sin rostro.
10.
Lume lento 03:25
Tíñao nas mans pero se escorreu deslizouse non meus dedos e morreu xa non está, está calado observando eu estou no valado. O que se fixo xa é pasado o que non é condenado a selo pois vivámolo xuntos ou separados. Case podo collelo. Sei que podes sentilo afogados atados polas cordas se non estou calado materia e sentemento cociñando xuntos a lume lento. Entro en ti e noto que lates entro e sei que me retas mais non valen empates por elo sempre perdo no desenlace. Un tira e outro afrouxa un rima outro dicta prosa por elo escrevo esta estrofa mentres corazón e razón se rozan. Se ves que notas que che gusta mais é unha losa que quere e te busca dálle largas o que sangue bota non o fagas ou pensarás que te equivocas. Eu non son duro como unha rocha baixo esta escura roupa hai segredos que non se contan inclusive textos que xamais se esbozan é tinta tachada xa e outras que fixeron a réplica outras son simples súplicas firmadas por esta rúbrica. De bar en bar de barra en barra agardando esa chamada que se alarga mentres continúa esa disputa o sol se esquece por esa choiva. Días largos lonxe do fogar o chegar só quero falar para deixar de actuar para volverte a amar o corazón mando calar. Versos voan para se liberar está moi preto de se acuchillar gritando secando o paladar apertando a súa alma para aledar Alento que se perde o tempo que se atopa arranxando ese desorde dentes que morden sonche covardes limpando preparando os ataúdes. Baixo esa manta contamos as horas contando historias disfrutamos de estar a soas rozando o paraíso soando un disco detrás. Silencios sórdidos xa están en calma xa están escoitando a alarma do diafragma outra vez se percibe o drama. outra vez outra batalla.

about

Chove é un álbum de Hip Hop nacido en 2014 que vira entorno a un concepto audiovisual creado por Thomas Dylan –vocalista–, Frank aka “Genio en la Sombra” e 2Pas0s –productores–, Ichi –dejaay– e Javi H –fotógrafo–.

O disco contén 10 cancións gravadas nos estudios de Verso Libre. ilustradas con fotografías que foron tomadas o longo do último ano por Javi H. Ademáis, o proxecto ven documentado con vídeos tocando en directo empregando sintetizadores, procesadores de efectos, pratos, durmpads, etc.

O álbum foi manufacturado en Mood Studios –Madrid– editado en vinilo e CD polo colectivo vigués Verso Libre e pola discográfica galega Língua Nativa o dia 1 de setembro de 2015.

credits

released September 1, 2015

license

tags

about

Verso Libre Vigo, Spain

MUSIC, FILMS & ARTWORK.

Colectivo de artistas. Vigo.
versolibrevl@gmail.com

contact / help

Contact Verso Libre

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Thomas Dylan - Chove, you may also like: