Thomas Dylan - Chove

by Thomas Dylan - Chove

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

1.
2.
3.
4.
5.
02:49
6.
7.
02:53
8.
9.
10.
03:25

about

Chove é un álbum de Hip Hop nacido en 2014 que vira entorno a un concepto audiovisual creado por Thomas Dylan –vocalista–, Frank aka “Genio en la Sombra” e 2Pas0s –productores–, Ichi –dejaay– e Javi H –fotógrafo–.

O disco contén 10 cancións gravadas nos estudios de Verso Libre. ilustradas con fotografías que foron tomadas o longo do último ano por Javi H. Ademáis, o proxecto ven documentado con vídeos tocando en directo empregando sintetizadores, procesadores de efectos, pratos, durmpads, etc.

O álbum foi manufacturado en Mood Studios –Madrid– editado en vinilo e CD polo colectivo vigués Verso Libre e pola discográfica galega Língua Nativa o dia 1 de setembro de 2015.

credits

released September 1, 2015

tags

license

about

Verso Libre Vigo, Spain

MUSIC, FILMS & ARTWORK.

Colectivo de artistas. Vigo.
versolibrevl@gmail.com

contact / help

Contact Verso Libre

Streaming and
Download help

Redeem code

Track Name: Nada que dicires
Faltos de esperanza agarrado a válvula imos a un lugar ignoto imos a voltar en fotos lonxe de ese apego inherente ese parasito resistente rostros que se perden bicos que se esquecen familiares que falecen correndo atrás dos soños liberamos o retorno
coleccionando cromos.
Páxinas brancas adicadas a ti
mans sucias dun te quero arriscadas por ti
arriscando a túa vida. Segues por eiquí?
Xa non queda nada que dicires
inconsciente neste chan conxelado andabamos pensando
Xa non queda nada que dicires
inconsciente neste chan conxelado andabamos pensando
sen topar a solución a existires
rozando os dedos para probarnos
mirando o teito o tempo quedou conxelado
no horizonte, tombado no teu ventre falo
mais se me pides o futuro eu sempre calo
por se me perdo nun atallo morto nos ramallos
asfixiado nesta urbe, neste trámite
inxectando o suero necesario para amarte
camiñando en adoquíns sonche arte
tropezando porque están sempre mollados
ca man no peito por esa dor cando respiro
a miña alma está atrapada nesa bágoa que ansío
celebro a chegada da choiva se remata o estío
e non soporto ese temor que transmite un libro.
Xa non queda nada que dicires.
Track Name: Fortes cadeas
Nacín fora da sangue coidado pola natureza
ten coidado ca cabeza aquí é todo beleza
aquí se lembran despois de rezar
rezagados van quedar inútiles
non moi distantes dos primeiros que tamén caerán
eu como dátiles ao lonxe o meu val
respirando forte o vapor detrás dun cristal si
detrás dun cristal si. Detrás dun cristal!
Morrín nos meus adentros, xa estou creando adeptos
Ei vós, axeonllados polos medos
podo levarvos para un paraxe sen contaminar
aínda sen respirar, aínda sen respirar
a espera do autobús mirando o ceo
mais non hai máis ca nubes esquivando edificios
camiños que conducen o meu corpo a un precipicio
espazos claustrofóbicos a beira do mar
baixo fortes medidas de seguridade
o tempo e a felicidade
o amor é o que te evade
aquí non todo vale
a liña fina que separa
morrer con ou sen dignidade
fabrico soños para vivires
para facer latires a este corazón
nestes grandes cines
estou firmando novos crimes
para que te incrimines e imaxines
para ter novos mártires.
Levando fortes cadeas
Coro - levando fortes cadeas
arrastradas pola area
Coro - Arrastradas pola area. (x2)
Do ceo o mar o meu sorriso o meu vagar por esa brisa o meu pisar na nostalxia dos quilómetros. No olvido a túa fragrancia, non olvido a túa maxia.
Levando fortes cadeas
(do ceo o mar) (x3)
Levando fortes cadeas levantando o polvo
[Coros]
Levantando fortes cadeas levantando o polvo
mentres soben e baixan as mareas dos teus soños. (x2)
Track Name: Aventura permanente
Sácolle polvo o corpo, gardado está no fondo
coido que xa leva agardando abondo
desexa dos meus dedos que lle leven ó obxectivo
limpo si, é moito máis sinxelo
imos desfrutares conectados,
colgados por correas atados,
balanceámonos
miramos, observamos, esquivamos
sigamos ambos, abrazados sempre brillamos
correndo no campo ou agochados nas cidades
pateamos canexóns para atopar deidades
para levar a realidade
voa a imaxinación que abrande cualidades.
Demande, depende, difunde, desnude o presente
exerzo a gratitude co meu arte nesas lentes
vente! pode que te conectes
a esta aventura permanente ei!
Un implante no meu corpo artificial dispara
non hai mamparaque filtre a súa bala
non hai descanso nesa ráfaga que se engatilla
non hai como esquivar a súa mira
podes correr, podes fuxir, podes chorar e rir
podes rezar, podes arder, podes gritar ou prohibir
podes morrer, xa estás a ver!
estás a ver o que estou a conseguir.
Track Name: Sangue con Frank
[Thomas Dylan]
Estou tirado no chan nun charco de sangue
mirando para outra parte para non ferirme máis para!
Estou arrodillado nesa estrada
rodeado de xente malferido polas puñaladas.
No mesmo plano comparto habitat
contigo e con el e non teño medo a nada xa
recollendo do sembrado xa pasaron anos
limpando esas botas ateigadas de barro.
Festexando a vida destruíndo os corpos e a mente
o soplo do delincuente
é semellante a obriga, a necesidade latente
e a fame no teu ventre.
Píntegas nun mundo plano coloreado raro
debuxos por fora do cadro en busca dun faro
aquí é todo moi caro se non hai cartos para compralo
ou se queren ternos calados e aínda por riba escravizados.
[Frank]
Esas huellas marcan el destino
forenses de emociones analizando la sangre del camino
las piedras del recorrido
agrietadas por las lágrimas de traición con interés sibilino es
el A.M.P.A de los que se amparan en la trampa
bocas disparan palabras con olor a napaln son
falsos adictos al farol manejando la táctica
con su magia negra dialéctica.
El artificio del hechizo ocultando otras caricias
lo que el egoísmo quiso
besos de bazar, cariño hostil
diosas de perfumes caros ofreciendo amor de subvenir
suburbios de historias turbias
neones prohibidos fomentando conciencias sucias
moral con aspecto de ceniza
alcohol dando seguridad como islas de arenas movedizas.
[Thomas Dylan]
Agarro a man moi forte para non perder o norte porque
se a levo solta sei que uns cantos me cruzarei
limpando as rúas deses intrusos
imos perder esta partida por seres moi ilusos
Esclusas que se abren para min,
portas que pechamos para ti, para non verte eiquí
pois xa gardamos os paraugas non entra a auga e
todo o mundo fala mais son poucos os que calan.
[Frank]
Tahures del tabú flexibles como el bambú
cuando quieren doblegar tu espiritú
yo conozco el caos y el humo del extraperlo
aprendes más besando el suelo que mirando el cielo
lamiendo heridas, disturbios tras las esquinas
el mundo gira le da igual que llores o sonrías
sigue las sendas sin carteles
esos cárteles del miedo no podrán poner limites a tus pies.
Track Name: No medio
O tempo esvaece os soños
faime sorrir no escuro outono
caen as follas,
escrevo en folios.
Miles de anos con
miles de obrigas son
a terra xira e xira
eu escrevo en poesía.
Lonxe todo se olvida
rostros que se mesturan
cae o sol
pois miramos para a lúa
Buscando resposta estou
dime quen me sinalou
e de seguido arreou
mellor e non sabelo non?
Lento é agora,
o tempo afoga
o vento abre a porta
a boa hora xa está morto
xa cruzou as augas
xa está na beira
está nas brasas
xa está coa aboa
boga que se non vas a afogar e logo que?
logo non vas progresas logo quizais non hai.
Mirou de fronte a morte. Corre auga na fonte ou
xa secou antes de onte. Xa non lembro eses acordes.
Hoxe poste borde e maña non hai desculpa non
foi esa conduta que perdeu a súa ruta.
Anhelo o seu mirar máis non atopo lugar
mirando estrelas no espazo estou a cantar
estou a meditar estou nos límites
intres indivisibles e sen etapas
sen razas, sen lazos, xente sen casa
xente que está cansa pois o tempo xa remata.
Ti ías para aquí e eu sempre ía para alí
e nos topabamos no medio sen ter que dicir
ti ías para aquí e eu sempre ía para alí
e sempre nos topabamos no medio. (x2)
Hoxe aperto o pasado coa lembranza
o futuro aperto con ansia outros buscan amnistía
outros anarquía outros que se alargue a vida
outros non saben o que ansían.
Anciáns con ansia aínda de sabedoría
amontoados nun fogar de paredes brancas
nun lado da balanza o tempo noutro o seu corpo
os xuíces os recordos.
Lacrimais que falan por cada bágoa que cala
por cada páxina que pasa por cada familiar que pasa
mentres a guerra arrasa mentres uns morren outros asasinan.
Ti ías para aquí e eu sempre ía para alí
e nos topabamos no medio sen ter que dicir
ti ías para aquí e eu sempre ía para alí
e sempre nos topabamos no medio. (x2)
Track Name: Subindo polas pernas
Cos pés colgando nese precipicio podo debuxar esas liñas perfectas
acaricio ese son, esa chamada de socorro
subindo polas pernas descubrín as túas cóxegas.
Reflexa.
Hai agullas nesa roupa, xa latexa case estoupa esta cabeza
mais esa idea non a quero recordar non
dáme a man, imos a soñar.
Vente que soñas comigo embaixo dese abrigo
correndo polo medio dun campo de millo
prendín a miña lámpara para rematar o libro
e subindo polas pernas só topei o teu ombligo.
No último capítulo, no derradeiro título
na folla do coitelo está escrito ese vínculo
na sequía do estío ese duplo sino
na escuridade de eses ollos nesa ansia por ser único.
Somos dous nun mundo de miles
nun lugar horrible damos o mellor de nós.
Imos aló en riba desa nube
subindo polas pernas descubrín o teu alcume.
Zorra!
Si si, estou pasando a gorra
viaxando nunha alfombra
a dous pasos da túa sombra
e o meu estómago está moi cheo
como para durmir a soas e soportar os pesadelos.
orando na pena a perda os soños se enterran
na bondade da condena
abrindo as fiestras para que entre o frío
subindo polas pernas fixémonos un lío.
e cos pes fríos imos de paseo
cara un mundo novo reo dos desexos e dos medos
eu piso o freo máis o esmero éche efímero
para saír de este escuro buraco.
Libérame das cargas
soñando desperto nunha cidade cama
lonxe da casa subindo polas pernas
topei o corazón que case me mata.
Caindo en picado debaixo das mantas
os reloxos non se paran a pesares desas verbas.
As veces soñas con estar máis preto
e as veces queres olvídalo por completo.
Track Name: Chove
Collo o meu lapis e comezo a escreverte
e co tempo as cicatrices son recordos mais felices
escrevo para poder borrar eses recordos
escrevo neste fondo branco fai de psicólogo.
Limpo esas vágoas cun pano novo
non é comprado foi regalado neste soño
do que non quero despertar do que non quero deixar de voar
eu o que quero é saborear o teu paladar.
Máis eu non quero voltar
a enredar os corazóns por iso bebo no bar
trago a trago bebo e calo sen reparo sonche reo
dun vaso medio baleiro medio cheo
Correndo a contracorrente as veces é máis doado
brincando coma as lavandeiras nese prado
fago quilómetros deixando os problemas atrás
podo dicilo sen reparo.
Dentro está a chover non hai fallo
porque fora fai un sol de carallo. (x2)
Non só está a chover aí fora dentro tamén
Limpanse esas rúas mais eu quero ir alén
fuxir desas pingas que me mollan a pel e
fuxir dese rastro sen deixar de falar del.
Eu cos pés mollados ti cos pés no alto
eu tirei os dados mais ti só contaches o resultado
e agora o resultado éche moi complicado
e agora o resultado.
Agora o resultado é que saia un derrotado e
sacarlle o polvo o ler o que teño que escrevere
varrer co esa vasoira anacos de papeis rotos
estou ollando para esas fotos
Estou ollando para o infinito
secando as bágoas cos meus dedos húmidos
máis xa estou erguido. Estou calado hai cartas no buzón do lado
conxelado o corazón penso no meu fado
incerto claro versos dos que falo
perdo os cartos mais gaño momentos máxicos
pois xa estou farto de mirar para o espello
e non toparme no reflexo. e non toparme no reflexo.
Dentro está a chover non hai fallo
porque fora fai un sol de carallo. (x2)
Track Name: Para sempre calar
A patadas nese muro, na muralla, a pegarme con esas pedras,
a esquecerme deixo as presas batendo na parede, caendo nesas redes
vai indo, xa nos vemos logo.
Nos vemos logo.
Teño que enterrarme, facela fosa para meter as pernas,
para non poder fuxir,
para quedar eiquí cos ollos ben abertos,
cas mans contra o meu peito e con terra no meu leito.
Co calendario che de círculos vermellos incompletos
que foron incumpridos.
Noites vendo a ría, durmo enriba desa liña,
prendo as luces da cociña, cearei na túa barriga.
Comerei no teu bicar, até afogar, até a matar, até abraiar e até mañá.
Vémosnos no bar.
Na barra vémosnos pasar, xa non hai cartas que amosar, xa non me lembro.
Ei, xa non me quero lembrar.
Camiño sen mirar atrás cun oco no meu tórax,
cós ollos mollados porque dis que chove aí fora
A rúa está chea de xente e eu estou ás voltas,
morro por poder verte e estar contigo a soas.
Lonxe dese ruído desas interferencias,
noites en vilo rematando as existencias
sen poder durmir e sen poder soñar,
farto de camiñar falo de para sempre calar.
Todo o que eu teño eu xa cho din meu,
pero xa non sei se é suficiente eu,
Chamo o ascensor, pero non aparece,
Eu chamo o ascensor, pero non hai corrente.
(2x)
Track Name: Insectos con Cándido
Afiando o lápiz cun coitelo
agarrando a vida polos pelos na nevera só hai insectos
levan tempo na utopía fan familias na cociña
nese azucre voan todas tralas luces.
Nese poso de café podes escoitalas zoar por iso foron educadas o nacer imos ver se son quen de sobrevivires sen ter que comer cando remate este pracer. [Cándido] Que será de mi cuando mi sombra me abandone la luz solar de fuera no evapora los errores que será de mi ahora jugando a solas que será de mi ahora. [Thomas Dylan] As chaves colgan nesa porta móvense có vento que entra pola fiestra, observo todo. Vai lento. Limpo esas gafas que me poden transportar ate unha festa ou solitario na barra do bar. Como un iogur saboreando a tapa tumbado nun sofá violeta apago a tele escrevo letras apago a tele lavo a louza seco as mans pois é o que toca e hai insectos nesa roupa. [Cándido] Entre el oscuro firmamento vendo el tiempo
enciendo la bombilla del recuerdo hoy insectos se adormecen bajo mi reflejo sobre el sofá no reposa ningún sueño. [Thomas Dylan] Nesa roupa xa non collen eses osos nese saco de recordos ti vas a estar no fondo. [Cándido] El hueco de mi pecho es una foto una flor de loto, un escapista sin rostro. [Thomas Dylan] Xa estou frente a frente a eses intrusos maldita resaca, recordos moi difusos amigos veñen a pasala con comida a domicilio con eles xa non penso no suicidio. Penso en ti muller e penso en min porque estou bailando no alfiler neste piso de aluguer sei que podo ser o rei por enriba desa escura lei que esixir sempre camiñar con fe. [Cándido] Arrastrado moldeo pensamientos. Dirijo mi cuerpo dirección un ventanal abierto
y no hay luz. Sólo ruido de nevera
busco correspondencia en el hueco de la escalera. [Thomas Dylan] Estou sangrando pola boca da infección sentado no retrete na cabeza unha ecuación como perder de vista eses pasaxeiros que se amontonan neste día do meu enterro. Vou espertar sen recordos tolo libre dos informes nun encoro de paxaros mortos non creo no lamento se por mor do corazón fraguou en sufrimento. Prefiro estar contento. [Cándido] Qué será de mi cuando mi cuerpo me abandone la luz solar de fuera no ilumina los dolores. Qué será de mi ahora muriendo a solas. Qué será de mi ahora. [Thomas Dylan] Nesa roupa xa non collen eses osos nese saco de recordos ti vas a estar no fondo. [Cándido]
El hueco de mi pecho es una foto una flor de loto, un escapista sin rostro.
Track Name: Lume lento
Tíñao nas mans pero se escorreu deslizouse non meus dedos e morreu xa non está, está calado observando eu estou no valado. O que se fixo xa é pasado o que non é condenado a selo pois vivámolo xuntos ou separados. Case podo collelo. Sei que podes sentilo afogados atados polas cordas se non estou calado materia e sentemento cociñando xuntos a lume lento. Entro en ti e noto que lates entro e sei que me retas mais non valen empates por elo sempre perdo no desenlace. Un tira e outro afrouxa un rima outro dicta prosa por elo escrevo esta estrofa mentres corazón e razón se rozan. Se ves que notas que che gusta mais é unha losa que quere e te busca dálle largas o que sangue bota non o fagas ou pensarás que te equivocas. Eu non son duro como unha rocha baixo esta escura roupa hai segredos que non se contan inclusive textos que xamais se esbozan é tinta tachada xa e outras que fixeron a réplica outras son simples súplicas firmadas por esta rúbrica. De bar en bar de barra en barra agardando esa chamada que se alarga mentres continúa esa disputa
o sol se esquece por esa choiva. Días largos lonxe do fogar o chegar só quero falar para deixar de actuar para volverte a amar o corazón mando calar. Versos voan para se liberar está moi preto de se acuchillar gritando secando o paladar apertando a súa alma para aledar Alento que se perde o tempo que se atopa arranxando ese desorde dentes que morden sonche covardes limpando preparando os ataúdes. Baixo esa manta contamos as horas contando historias disfrutamos de estar a soas rozando o paraíso soando un disco detrás. Silencios sórdidos xa están en calma xa están escoitando a alarma do diafragma outra vez se percibe o drama.
outra vez outra batalla.